BON A CHIC nace como grupo a finales do 2005. Na actualidade está formado por Jose García na guitarra solista e coros, Pedro García no baixo e coros, Marcos Otero na batería e Borja Franco na voz principal e guitarra rítmica.
O estilo desta banda é unha mestura entre rock, pop e funk con letras en castelán. O seu repertorio está prácticamente formado por temas propios ainda que tamén con algunha versión. Algúns dos seus temas pódense escoitar en www.myspace.com/bonachic


