QCP! (Que Cunda o Pánico!) somos unha banda de rock. Así, sen máis. A pelo. Desde os nosos inicios, hai pouco máis dun ano, propuxémonos facer unha música sinxela, básica, sen conservantes nin colorantes, un golpe directo á boca do estómago. A banda está formada por Víctor (batería), Vituko (guitarra), Isaac (baixo) e De la Highway 61 (voz e guitarra), que somos ademais, todos á unha, os autores de case tódolas cancións do noso repertorio, que tamén inclúe alguna ca outra versión.
Neste ano largo que levamos xuntos, e desde que nos estreáramos no Palique (As Pontes) en maio do 2009, xa tocamos nunha morea de antros de mellor ou peor fama, como no Sikaru (Ferrol), na Escondida (Espasante), Xanela (Vilalba), O Trasteiro (Pontedeume), Bar de Fredi (Espasante), Inox (A Coruña)… E por suposto nas Pontes (Zeppelin, Dreams, Nabiza 2009).
Unha das nosas características é que nos gusta tocar cos amigos, así que aproveitamos calquera ocasión para invitalos a vir ao noso local e a subir ao escenario con nós. Por alí xa pasou xente doutras formacións amigas (Muxarega, Jin Tony’s, Ogmios, SuperF) e xente que agora mesmo están máis ou menos no dique seco (Javi Moldes, Javi Gasta, Sandra). E inda faltan moitos máis. Pero moitos.



